Portal de Transparencia
Información institucional e acceso público
Busca de indicadores
O Tribunal de Contas, co obxectivo de facilitar información sobre a súa actividade que poida ser de interese para a cidadanía, creou este “Portal de Transparencia”, poñendo á súa disposición, de forma centralizada, toda a información suxeita á obriga de publicidade activa, prevista na Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, xunto con outra información adicional que se considerou de especial relevancia.
Sen prexuízo do contido deste Portal de Transparencia, a información que se inclúe nel está tamén dispoñible nas seccións correspondentes do sitio web do Tribunal de Contas, de acordo coa súa estrutura e organización.
A Lei 19/2013 tamén establece o dereito de acceso á información pública, os seus límites e a forma de exercelo. No seo do Tribunal de Contas, este dereito exercerase de acordo co procedemento establecido no Acuerdo del Pleno, de 27 de noviembre de 2014, sobre el acceso a la información pública que obre en poder del Tribunal de Cuentas.
A información publicada neste Portal de Transparencia, ou accesible a través del, foi revisada en setembro de 2025.
Para exercer o seu dereito á información pública que posúe o Tribunal de Contas sobre as actividades da Institución suxeitas a dereito administrativo, acceda á nosa sede electrónica:
