Fachada principal

PRESIDENTE DO TRIBUNAL DE CONTAS

O Presidente do Tribunal de Contas representa á Institución e correspóndelle, entre outras funcións, convocar e presidir o Pleno e a Comisión de Goberno, exercer a xefatura superior do persoal, exercer a potestade disciplinaria en casos de faltas graves e dispoñer os gastos do Tribunal e a contratación de obras, bens, servizos e subministracións, cando sexan autorizados polo Pleno ou a Comisión de Goberno ou teñan carácter ordinario e periódico.

VER PRESIDENTE
Sala de Plenos

PLENO

O Pleno é un órgano colexiado formado polos doce Conselleiros de Contas e o Fiscal Xefe do Tribunal de Contas e correspóndelle, entre outras atribucións, exercer a función fiscalizadora.

VER PLENO
Sala de Visitas

COMISIÓN DE GOBIERNO

A Comisión de Goberno está formada polo Presidente do Tribunal de Contas e polos Presidentes das Seccións de Fiscalización e de Axuizamento do Tribunal e correspóndelle, entre outras competencias, manter relacións permanentes coas Cortes Xerais a través da Comisión Mixta Congreso-Senado para as relacións co Tribunal de Contas, exercer as facultades non reservadas especificamente ao Pleno ou ao Presidente do Tribunal en materia de persoal e réxime de traballo, distribuír os asuntos entre as Seccións, exercer a potestade disciplinaria en casos de faltas moi graves e elaborar e propoñer ao Presidente a orde do día das sesións do Pleno.

VER COMISIÓN
Art. 136 Constitución española

SECCIÓN DE FISCALIZACIÓN

A Sección de Fiscalización está integrada polo seu Presidente e polos Conselleiros de Contas que teñan ao seu cargo os departamentos sectoriais e territoriais de fiscalización. Correspóndelle, entre outras funcións, examinar os procedementos fiscalizadores tramitados nos departamentos en que se estrutura e propoñer ao Pleno para a súa aprobación os proxectos de informes, memorias, mocións e notas.

VER FISCALIZACIÓN
Sala de Xustiza

SECCIÓN DE AXUIZAMENTO

A Sección de Axuizamento está integrada polo seu Presidente e polos Conselleiros de Contas aos que, como órganos de primeira instancia ou adscritos á Sala de Xustiza do Tribunal, corresponde coñecer dos procedementos xurisdicionais.

VER AXUIZAMENTO
Detalle Sala de Visitas

CONSELLEIROS DE CONTAS

Os Conselleiros de Contas son elixidos polas Cortes Xerais, seis polo Congreso dos Deputados e seis polo Senado, por un período de nove anos. Son os titulares dos departamentos das Seccións de Fiscalización e de Axuizamento. Os primeiros levan a cabo o exame e comprobación das contas e a tramitación dos procedementos fiscalizadores correspondentes e os segundos son competentes para resolver, en primeira ou en única instancia, os procedementos de reintegro por alcance, os xuízos de contas e os expedientes de cancelación de fianzas.

VER CONSELLEIROS
Sala de Plenos

FISCALÍA DO TRIBUNAL DE CONTAS

A Fiscalía do Tribunal de Contas exerce as súas funcións conforme aos principios de unidade de actuación e dependencia xerárquica e con suxeición, en todo caso, aos principios de legalidade e imparcialidade. Debe ser oída en todos os procedementos de fiscalización antes da súa aprobación definitiva e emitir o seu ditame en relación coa Declaración sobre a Conta Xeral do Estado. Tamén lle corresponde exercitar a acción de responsabilidade contable e deducir as pretensións desta natureza nos procedementos de reintegro por alcance e nos xuízos de contas.

VER FISCALÍA
Escudo bordado do Tribunal de Contas

SECRETARÍA XERAL

A Secretaría Xeral, cuxo titular é designado polo Pleno por proposta da Comisión de Goberno, exerce as atribucións de xestión, tramitación, documentación e rexistro dos asuntos da competencia do Presidente, do Pleno e da Comisión de Goberno. O Secretario Xeral exerce as funcións de secretario do Pleno e da Comisión de Goberno, con voz pero sen voto.

VER SECRETARÍA XERAL