Sala de Plenos

BENVIDA DA PRESIDENTA DA COMISIÓN DE IGUALDADE

O Tribunal de Contas, co propósito de procurar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, vén adoptando acordos e medidas en diversas áreas da súa actividade, como por exemplo nos Programas Anuais de Fiscalización, na creación da Comisión de Igualdade, na elaboración dun Plan de Igualdade ou na normativa sobre conciliación.

LER BENVIDA
Detalle decorativo Sala de Plenos

ACTUACIÓNS EN MATERIA DE IGUALDADE

O Tribunal de Contas vén incluíndo nos programas anuais de fiscalización a supervisión e control das políticas de igualdade efectiva de mulleres e homes. Pola súa banda, a Comisión de Igualdade do Tribunal dende a súa creación está a desenvolver unha función de asesoramento e de proposta de accións positivas e transversais para facer efectivas as políticas de igualdade na actividade encomendada á Institución.

VER ACTUACIÓNS
Detalle Sala de Visitas

PLAN DE IGUALDADE

Actualmente, a Comisión de Igualdade está a elaborar un proxecto de Plan de Igualdade para o Tribunal de Contas, cuxos obxectivos básicos son a eliminación das eventuais discriminacións que poden presentarse e a consecución da igualdade real, e non só formal, entre as mulleres e homes que integran a Institución. Para iso, a Comisión designou un grupo de traballo que espera dispoñer dun primeiro borrador do Plan nos primeiros meses de 2014.

SABER MÁIS

PROTOCOLO DE ACOSO

El Pleno del Tribunal de Cuentas aprobó el 23 de diciembre de 2013 el Protocolo de actuación frente a las situaciones de acoso sexual, acoso por razón de sexo y acoso laboral en el Tribunal de Cuentas,  que creó el Órgano para la tramitación de asuntos confidenciales (OTAC)que resuelve las denuncias ante situaciones de acoso. Anteriormente la Comisión de Gobierno aprobó en 2011 el Protocolo de actuación frente al acoso laboral en el Tribunal de Cuentas.

 

Escaleira principal

DOCUMENTOS

Inclúese a lexislación básica en materia de Igualdade, os Acordos adoptados polo Tribunal de Contas sobre creación da Comisión de Igualdade e elaboración do Plan de Igualdade, así como diversa documentación utilizada nas accións formativas levadas a cabo na Institución.

VER DOCUMENTOS